Desde o 1 de decembro ata o 5 de xaneiro os comercios asociados a ACODA terán as súas portas abertas ao público os sábados pola tarde coa intención de reforzar a atención aos seus clientes nestas festas.
Así mesmo, o tradicional “Rasca e gaña” distribuirase en 18.000 cartóns coa compra nos comercios adheridos e a través do cal 1.000 clientes obterán regalos con premios que van desde vales de descontos ata o diñeiro en efectivo, entre outras sorpresas. Non pode deixar de comprar nos comercios de ACODA porque ser fiel a Arteixo este ano tamén premia.