|
Sábado, 29 Outubro 2011 09:51 |
Hoxe da comezo o calendario de competicións da Federación Galega de Natación. O CNA estréase con dúas citas: O Campionato Galego de Longa Distancia, ó que se presenta con 3 deportistas, Tino (3000 metros), Omar e Noelia (2000 metros). Celébrase en Pontevedra, na piscina Rías do Sur. A 1ª xornada de liga benxamín, na que os nosos pequenos nadarán 100 libre e 50 costas na piscina de Riazor. Asistirán 12 nadadores. ¡¡Sorte rapaces!! |
|
Xoves, 27 Outubro 2011 23:11 |
|
Está anovado o calendario de natación para esta tempada 2011-2012. Descargádeo de novo, porque houbo cambios en varias competicións decididas na última reunión federativa.
Descargar |
|
Martes, 25 Outubro 2011 22:43 |
|
Infórmase aos nadadores/as e ás súas familias que o vindeiro sábado 29 de outubro farase a presentación oficial do novo patrocinador e a foto oficial de todo o equipo da tempada 2011-2012 no Pazo dos Deportes de Arteixo.
Os deportistas deberán acudir ás 12 h. debidamente uniformados coa equipación que teñan, e coa camiseta oficial que se lles entregará nos vindeiros días.
Durante o acto farase entrega dos trofeos aos mellores nadadores e mellores promesas da tempada 2010-2011. Ao finalizar a presentación os deportistas tomarán un aperitivo co que voluntariamente queiran aportar as súas familias (patacas fritidas, bebidas, empanada, etc.).
Para calquera aclaración non dubiden en chamar ao teléfono do Club: 652-542548. |
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 63 de 107 |