Ir Inicio
Ir Inicio
Deporte Galego
 
Regulamento Interno PDF Imprimir Correo-e

Os nadadores adestrarán na piscina, horario e grupo que lles sexan asignados polo Club, éstos poderán cambiar ao longo da temporada por indicación dos responsables técnicos, en función da dispoñibilidade das instalacions, progreso do nadador ou razóns que aconsellen o cambio do grupo, pero nunca por decisión ou conveniencia do nadador.

Os nadadores acudirán con puntualidade aos adestramentos, permanecendo as órdes do adestrador perante a total duración dos mesmos, atendendo ás indicacións técnicas que lles sexan transmitidas e observando un correcto uso das instalacions, así como un axeitado comportamento cos seus compañeiros e adestradores. Deberán informar ao adestrador cando teñan que ausentarse do adestramento por algunha causa xustificada.

Os responsables técnicos de cada grupo levarán un control de asistencia de nadadores ós adestramentos, informando mensualmente a Xunta Directiva do porcentaxe de asistencias de cada nadador, así como dos casos en que as ausencias están xustificadas por lesións, enfermidades ou causas de forza maior.

Establécense uns porcentajes mínimo de asistencia, en función da actividade:

  • Liga Galega de idades: 70% de asistencias.
  • Cptos. De Galicia: 75% de asistencias.
  • Cptos. De España: 85% de asistencias.
  • Trofeo Mellor Nadador: 80% asistencias.

Serán consideradas como faltas leves a falta de puntualidade, a desconsideración co adestrador ou compañeiros, o incorrecto uso das instalacións e a falta de asistencia ós adestramentos por causa non xustificada en porcentaxe de hasta o 20% no prazo dun mes, podendo tales faltas dar lugar ó apercibimento por parte do club, previo informe do responsable técnico.

Serán consideradas como faltas graves a reiteración na comisión de faltas leves, así como a falta de asistencia aos adestramentos por causa non xustificada en porcentaxe superior ó 20% no prazo de un mes, podendo tales faltas dar lugar á exclusión do nadador para determinadas competicións, previo informe do responsable técnico, ou mesmo á baixa do nadador como deportista do Club, se a gravidade da falta así o require, a xuizo da Xunta Directiva.

Competicións:

Os nadadores están obrigados a acudir ás competicións para as que sexan convocados, publicándose a convocatoria con 7días de antelación nos taboleiros que existen na piscina onde adestran e no que se dará conta do lugar e data da competición, medio de transporte, lugar e hora de saida, de xeito que tanto os nadadores como os pais ou os responsables dos mesmos deben consultar con frecuencia a información exposta nos taboleiros.

Os nadadores convocados deben informar canto antes da súa imposibilidade de acudir á competición por causas xustificadas ó seu adestrador.

Os nadadores convocados deben ser estrictamente puntuais en tódolos conceptos expresados na convocatoria e dirixirse sempre ó delegado da competición para calquera dúbida ou problema que poida xurdir.

Os nadadores deben ser coidadosos no uso do medio de transporte, das instalacions onde se celebra a competición e nos establecementos de hostalería, evitando causar sucidade ou desperfectos.

Queda totalmente prohibido o abandono do recinto da piscina antes do remate da competición sen permiso do delegado, debendo os nadadores do Club estar xuntos e emprazados no lugar que lles sexa asignado, animando ós compañeiros e atentos á serie en que lles corresponde nadar, a efectos de presentarse na cámara de saidas ca suficiente antelación.

Os nadadores deben acudir ás competicións co uniforme do Club (chándal, gorro, bañador). En todo caso, os nadadores que consigan medallas ou recompensas deben acudir a recollelas uniformados co chándal do club.

Os nadadores deberán ser respectuosos en todo momento cos propios compañeiros, adestrador, delegado e rivais deportivos.

Serán considerados como faltas leves: non acudir a dúas competicións, para as que sexan convocados, sen causa xustificada, a falta de consideración ou respecto a compañeiros, delegado, adestrador e rivais e o incumprimento dos deberes de ir uniformados, podendo tales faltas dar lugar ó apercibimento por parte do Club, previo informe de adestradores ou delegados.

Serán consideradas como faltas graves a reiteración na comisión de faltas leves, así como a falta de asistencia a mais de dúas competicións sen causa xustificada, podendo tales faltas dar lugar á non convocatoria do nadador para futuras competicións, previo informe do responsable técnico, ou mesmo a baixa do nadador como deportista do Club, se a gravidade da falta así o require, a xuizo da Xunta Directiva.

 

 

© Club Natación Arteixo. Aviso Legal.
Enderezo: Avda. Arsenio Iglesias SN (Piscina municipal)- Código Postal 15142 - Arteixo - A Coruña