|
Luns, 08 Marzo 2010 |
|
Esta noite acadouse un acordo entre empresas e traballadores, polo que remata a folga. A Piscina Municipal de Arteixo comeza a funcionar mañán martes pola tarde. En consecuencia, o Club Leyma Natación Arteixo reanuda os seus horarios habituais de adestramento. Gracias polo esforzo e a paciencia de pais, nais e deportistas. |
|
|
Domingo, 07 Marzo 2010 |
|
Esta fin de semana en Lugo viveuse a forza dun EQUIPO, o empeño de 9 nadadores e 3 nadadoras ,afectados gravemente pola folga, por conseguir un obxetivo común: elevar o listón do clube. Quedamos no 3º posto en categoría masculina (¡Histórico no Leyma Arteixo!), 12º en feminino, e 8º na clasificación conxunta. Masculino: - 1. Club Pabellón Ourense 12644.
- 2. Club Natación Santiago 11547.
- 3. Club Natación Arteixo 11016.
¡¡Noraboa a todos e todas por este resultado!! Web do Campionato (Resultados) Medallero |
|
|
Campionato Galego Infantil |
|
Xoves, 04 Marzo 2010 |
|
Esta fin de semana celébrase en Lugo o Campionato Galego Infantil, ó que asistimos con 9 nadadores e 3 nadadoras. A sesión do sábado dará comezo ás 10:30, polo que saimos da Piscina de Arteixo ás 7:30. A sesión do domingo comeza ás 10:00. ¡¡Desexámoslle a este gran equipo o mellor para este campionato!! Convocatoria Información do Campionato |
|
|
Mércores, 03 Marzo 2010 |
|
A folga indefinida de traballadores de instalacións deportivas continúa, polo tanto a nosa situación de adestramentos tamén. O noso clube lamenta moito estar vivindo ésto, e sobre todo agradece a colaboración e a paciencia que están a ter tanto os pais e nais "choferes", como os deportistas, que non baixan a guardia e seguen adestrando pese ás dificultades. |
|
|
Suspensión de Competicións |
|
Venres, 26 Febreiro 2010 |
|
A Federación Galega de Natación suspende tódalas actividades deportivas desta fin de semán debido ás condicións metereolóxicas previstas. Esto significa que non se celebra a xornada alevín que estaba prevista en Carballo, así como o curso de cronos en A Coruña. |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 1 - 5 de 192 |