Ir Inicio
Ir Inicio
Leyma
 
Actividades PDF
 
 
 
 
 
 
 

 

1. CAMPUS DE PRIMAVERA 2008

Celebrada o pasada semana santa do 2008, na cal participaron 40 nadadores e amigos da Sección de Natación.

ACTIVIDADES:

    * ESCALADA
    * PIRAGÜÍSMO
    * RAPPEL.
    * ACTIVIDADES DE SALA.
    * PISCINA
    * ANALISIS SUBACUÁTICO DE NADO
    * ORIENTACIÓN
    * XOGOS DE SALA.

2. CAMPUS DE VERÁN 2008.

Celebrado do 10 ao 24 de xullo en horario de mañá, como fin de temporada para os nadadores do club, aínda que está aberta a todos os nenos que o queiran pasar moi ben. Mais de 45 participantes na última edición.

As actividades principais a desenrolar son principalmente deportes acuáticos, co que faise necesario saber nadar para participar nel:

             1. NATACIÓN
             2. SALVAMENTO
             3. SURF
             4. WATERPOLO
             5. SAIDAS A PRAIA.
             6. EQUITACIÓN
             7. CICLISMO    
             8. PRIMEIROS AUXILIOS
             9. INGLÉS
           10. SAÍDA O PARQUE ACUATICO DE CERCEDA


3. ORGANIZACIÓN DE EVENTOS DEPORTIVOS.

O noso clube organizou a 5ª xornada da Liga Galega Infanti, que tivo lugar o 31 de Maio, na piscina de Bergantiños en Carballo.

IX. ENCONTRO DE NATACIÓN CONCELLO DE ARTEIXO.

O xá clasico “Encontro Concello de Arteixo”, celebrará este ano a súa IX edición, para traer a Arteixo o “espectaculo da Natación”, na que estiveron presentes os clubes da comarca coruñesa, CN Coruña, Club do Mar, CN Albatros de Culleredo, os nenos das escolas de natación, e os nosos nadadores.  A data de celebración foi o sábado 26 de xaneiro.

II TRAVESIA CONCELLO DE ARTEIXO. “I MEMORIAL MARINA ÁLVAREZ”.

Disputada no puerto de Suevos, e contando coma patrocinador principal a SARIA-ARTABRA, este ano contamos coa presencia do multiple campión de longa distancia DAVID MECA. A travesia foi un éxito de público e participación, e abriu este ano o Circuito Galego de Travesías, querendo destacar a todos os nadadores que foron capaces de rematar a travesía, xa que este ano as condicións do mar foron realmente duras.

Este ano realizouse asimismo o primeiro trofeo en memoria da nosa antiga presidenta, Marina Álvarez, reservada a nadadores arteixáns, gañada por Manuel Regueiro e Romina Cerviño.

 

 

www.natacionarteixo.com