|
Monday, 08 February 2010 |
|
Continúa a convocatoria de folga, polo que o Leyma Arteixo segue adestrando luns, mércores e venres en auga (pequenos en Rías Altas, maiores no Liceo), e martes e xoves seco en Arteixo. |
|
|
4º Posto na Fase Preliminar |
|
Sunday, 07 February 2010 |
|
Onte en Lugo viveuse unha intensa xornada na que fomos durante todo o tempo moi cerca do Natación Santiago. Finalmente quedamos en 4º posto por 35 puntos. 1º Riveira, 2º Fluvial de Lugo, 3º Santiago, 4º Arteixo, 5º Marina ferrol, 6º Natación Pontevedra. Esto envíanos a loitar pola permanencia, que se nadará nunha soa xornada no mes de maio. Traballaremos duro ata ese momento nos adestramentos para batirnos con todo o millor. ¡¡Noraboa ó Club Leyma Natación Arteixo por esta loita en 1ª División!! |
|
|
Friday, 05 February 2010 |
|
Mañán nádase en Lugo, na piscina do Fluvial, a última xornada da fase preliminar da Copa Galega de Clubes. Esta é unha xornada decisiva para o Leyma Arteixo, xa que imos empatados co Santiago a puntos loitando polo 3º posto, e polo tanto pasar á fase de ascenso ou de permanencia. As probas que se nadarán son: 800 e 200 libres, 50 bolboreta, 100 braza, 200 costas, 400 estilos e remudas de 4x50 libres e 4x100 estilos. ¡¡Sorte para o noso equipo!!, e recordade que saímos da Piscina municipal de Arteixo ás 14.30. |
|
|
Campionato Galego 3ª Xornada |
|
Wednesday, 03 February 2010 |

O domingo rematou o Campionato Galego con unha xornada marcada sobre todo polo feito histórico de que o noso Clube participou por primeira vez con dúas remudas neste evento. Foi un bonito momento no que baixaron 8 nadadoras (4 junior e 4 absolutas) a defender os nosos colores no 4x100 estilos. A nivel individual destacaremos que Andrea e Leila pasaron á final na proba de 50 bolboreta e Virginia tamén nadou pola tarde o 100 libres. ¡¡Noraboa a todos os nosos participantes neste Campionato!! Resultados |
|
|
Adestramentos durante a folga |
|
Tuesday, 02 February 2010 |
|
En espera de que solucione o conflicto dos traballadores de instalacións deportivas, no Club Leyma Arteixo, esta vez, como a convocatoria de folga é indefinida, buscamos alternativas para que os nosos deportistas poidan seguir adestrando. Conseguimos alugar rúas nunha piscina que se atopa en Sta. Cristina (Oleiros), no Hotel Rías Altas, alternaremos días de seco en Arteixo, e de auga nesta instalación. Alevíns, Benxamíns e Escola: Luns, mércores e venres en Sta. Cristina de 16:00 a 17:30; martes e xoves seco no ximnasio do Instituto de Arteixo. Saimos todos da piscina de Arteixo ás 15:40, pregamos a todos os pais e nais que estean en condicións de colaborar para levar ós rapaces, que asistan puntuáis para que poidan adestrar o maior número de nadadores posible. Hai que ir co bañador posto. Maiores: Mércores, xoves e venres saimos da Piscina de Arteixo ás 19:45 para trasladarnos a A Coruña en coches particulares, rógase a maior colaboración e puntualidade por parte dos pais para conseguir adestrar a maior parte dos nadadores. Recordade que o sábado día 6 nadamos a última xornada de Copa de clubes en Lugo. |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 11 - 15 de 194 |