|
Sunday, 31 January 2010 |
|
Os traballadores e traballadoras de instalacións deportivas empezan hoxe unha folga indefinida. Esto afecta ós adestramentos do noso clube. Mañán luns só adestrarán os maiores que non asistiron ó Campionato de Santiago e os infantís, ás 18.00 para facer unha sesión de seco. Os demáis estade atentos ás noticias da nosa páxina web ou a través do teléfono do clube para coñecer os horarios porque mañán intentaremos acadar outra piscina ou actividade alternativa para tódalas categorías e grupos. |
|
|
Campionato Galego 2ª Xornada |
|
Saturday, 30 January 2010 |
|
Os nosos nadadores Juniors competiron hoxe no 50 libres, Javi e Tamara acadaron o 6º posto, Andrea en 100 bolboreta o 12º. En canto ás Absolutas, Irma nadou 100 estilos (17ª) e 50 libres (18ª), Gabriela 17ª en 100 costas, e Virginia ganouse un lugar na final na proba de 50 libres quedando de 12ª. As remudas nadadas hoxe foron as de 4x50 libres e 4x200 libres (10º e 11º postos). Os Benxamíns fixeron un bo papel en Carballo, destacando a mellora técnica dos nosos pequenos, e o 3º posto na remuda de 6x25 costas mixto. ¡¡Ánimo para o equipo que ainda segue a competir mañán en Santiago!! |
|
|
Campionato Galego 1ª Xornada |
|
Friday, 29 January 2010 |
|
Na 1ª xornada do Campionato Galego que se está a celebrar en Santiago, Virginia quedou 18ª en 200 Libres, Javi 6º en 50 costas, Tamara 11ª en 50 costas e Gabriela acadou o 16º posto, o que lle dou acceso a nadar a final pola tarde. Nas remudas de 4x50 estilos as nosas nenas conseguiron batir o récord de clube en piscina de 25 m, quedando no 11º posto. Na sesión de tarde, ademáis da final de Gabriela, o Leyma Arteixo nadou o 4x100 libres feminino (10º posto). Ánimo para as dúas próximas xornadas ¡EQUIPO! E ademáis desta competición, os BENXAMÍNS compiten en Carballo a 2ª xornada de Liga (aprazada dende decembro). Nadaranse o 50, 200 costas e remudas de 6x25 do mesmo estilo. A comitiva sae da piscina de Arteixo ás 15.45. ¡Ánimo promesas! |
|
|
Wednesday, 27 January 2010 |
|
Esta fin de semana (29, 30, 31 de xaneiro), aprazado dende decembro, celébrase o Campionato Galego Junior e Absoluto en Santiago, na piscina de Sta. Isabel. O Leyma Arteixo asiste con 8 nadadoras e 1 nadador: Andrea Andrade, 100 libres, 50 e 100 bolboreta; Gabriela Arijón, 50, 100 e 200 costas; Romina Cerviño, remudas de 4x100 estilos; Leila Díaz, 50 bolboreta; Javier Felípez, 50 costas, 50 e 100 libres; Tamara Folgueira, 50 costas e 50 libres; Irma Gómez, 50 libres e 100 estilos; Tatiana Martínez, 50 braza; Virginia Naya, 50, 100 e 200 libres. Destacamos sobre todo, que por primeira vez o noso clube presenta dúas remudas de 4x100 estilos, un en categoría junior e outro en categoría absoluta. ¡¡Noraboa por estas mínimas e sorte para os tres días de campionato!! |
|
|
Liga Alevín e Copa de Clubes |
|
Monday, 25 January 2010 |
|
Este sábado nadáronse a 3ª xornada de Liga Alevín en A Coruña, e a 2ª de Copa Galega de Clubes en Santiago. Na Liga Alevín os nosos "promesas" baixaron as súas marcas e nadaron ben, a xornada era de carácter zonal e quedamos en segundo posto nas remudas de 4x50 braza tanto en masculino como en feminino. Noraboa rapaces, e a seguir traballando que nos quedan moitas xornadas. Na Copa de Clubes acadamos o 4º posto, o que nos coloca empatados a puntos con Santiago, polo tanto na última xornada (6 de febreiro), estará reñida e decidirá cal dos dous equipos nadará a fase de ascenso. Traballaremos duro na piscina ata ese día, no que esperamos contar con todo o ánimo posible dos nosos seguidores. Ver resultados |
|
|