Ir Inicio
Ir Inicio
Leyma
 
Adestramentos
Tuesday, 19 January 2010

Mañán mércores 20 se reanudan os adestramentos despois da folga convocada polos traballadores de instalacións deportivas.

Esta fin de semán reanudamos tamén o calendario de competicións no novo 2010. En Riazor celébrase a 3ª Xornada Alevín; as probas que se nadarán son 200 estilos, 100 bolboreta, 200 costas e remudas de 4x50 braza.

En Santiago nadamos a 2ª xornada da Copa Galega de Clubes, recordade que na anterior quedamos terceiros, o que lle da unha gran emoción a esta xornada, coa novidade da nova regulación dos bañadores publicada recentemente pola FINA (Ver). Probas: 400 libres, 50 costas, 200 braza, 200 estilos, 100 bolboreta, 100 libres, 50 libres e remudas de 4x100 e 4x200 libres.

¡¡Sorte para o noso Clube en ambos eventos!!

 
Fotos do XI Encontro
Monday, 18 January 2010

Xa podedes ver as fotos do XI Encontro de Natación Concello de Arteixo na nosa galería de fotos.

Ver

 
Resultados do Encontro
Monday, 11 January 2010

                Image

Este sábado en Arteixo viveuse unha bonita competición, o noso XI Encontro. Os deportistas de base do Club Natación Ferrol Elinco, Club del Mar, Club Natación Coruña e Club Leyma Arteixo, loitaron por acadar o primeiro posto. Finalmente, gañou o Natación Coruña, quedando 2º o noso Club a só 7 puntos, e o Natación ferrol en 3º lugar.

O Leyma Arteixo gañou as dúas remudas mixtas nun reñido final de competición.

Dámoslle a noraboa a tódolos participantes, e por suposto en especial ós nosos nadadores e nadadoras por este gran papel realizado. ¡¡Seguide así, estamos facendo un gran equipo!!

Resultados

 
XI ENCONTRO CONCELLO DE ARTEIXO
Friday, 08 January 2010

Este sábado día 9 de xaneiro celebramos o noso Encontro de Natación para nadadores de categorías Benxamín e Alevín. Coa colaboración de Gaia e do Concello de Arteixo, o noso club competirá cos veciños: C.N.Coruña, Club del Mar, e C.N.Ferrol Elinco.

Máis de 120 nadadores e nadadoras reuniranse na Piscina Municipal de Arteixo ás 10.45 para competir por gañar o Trofeo.

¡¡Sorte para todos!!
 
Feliz 2010
Sunday, 03 January 2010

¡¡Feliz e exitoso 2010 para todos os componentes do Club Leyma Natación Arteixo!!

Recordade que mañán luns día 4 de Xaneiro comezan de novo os adestramentos dos nosos deportistas, alevíns e maiores en horario de mañá, benxamíns e escola en horario de tarde.

E por suposto vémonos o sábado día 9 no XI Encontro Concello de Arteixo e pola noite na xa habitual Cea Gala.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 21 - 25 de 194
Buscar
Encontro


Travesía Arteixo

imaxe
Colaboradores

imaxe
Ligazóns

imaxe
imaxe
Contacta

Avda. Arsenio Iglesias s.n.
(piscina municipal)
CP. 15142
Arteixo - A Coruña

Descontos

Descontos para os nadadores/as en entidades colaboradoras.
Auga
imaxe
Enquisa
¿Que che parece a nova Web?
 

 

www.natacionarteixo.com