Ir Inicio
Ir Inicio
Leyma
 
Récord en 100 x100
Saturday, 26 December 2009

Unha parte do noso equipo, os nosos lanzados infantiles, participaron esta tarde en Pontevedra no intento de récord do mundo de 100x100 Libres. Nadadores e nadadoras con licencia da Federación Galega de Natación, se lanzaron á piscina do Centro de Alto Rendimento intentando mellorar o tempo conseguido polo Club Natación Bidasoa XXI en xuño do 2009, 1h, 46min, 08seg.

E por suposto ¡¡o conseguiron!! batiron o récord facendo un tempo total de 1h, 44 min, 08 seg. Os nosos fixeron os seguintes tempos: Tomás 1.02.94, Martín 1.02.02, Tino 1.03.08, Keltoi 1.01.78, e Fran 1.01.85.

¡¡Noraboa rapaces!! e BOAS FESTAS para todo o Club Leyma Natación Arteixo.

 
Horarios de Nadal
Tuesday, 22 December 2009

Os HORARIOS do Club Leyma Natación Arteixo durante as vacacións de Nadal son os seguintes:

EQUIPO BENXAMÍN E ESCOLA: Días 23, 4, 7, 8 de 16:30 a 17:30

EQUIPO ALEVÍN: Días 23, 24, 4, 5, 7, 8 de 11:00 a 12:00

EQUIPOS DE MAIORES: Días 23, 24, 4, 5, 7,8 de 12:00 a 14:00

Recordade que o Sábado día 9 de Xaneiro de 2010 estrenamos ano co xa veterano Encontro de Natación Concello de Arteixo e coa cea gala do clube.

¡¡Felices Festas!!

 
Campionato Galego
Monday, 21 December 2009
A Comisión Delegada da FEGAN en reunión celebrada o sábado 19 de decembro en Santiago de Compostela, estableceu como novas datas para o Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior de Inverno os días 29, 30 e 31 de xaneiro, manténdose a sede de Santiago.
 
Competicións aprazadas
Wednesday, 16 December 2009

Debido á convocatoria de folga con motivo da negociación do convenio colectivo de instalacións deportivas galegas, as Competicións previstas para esta fin de semán serán aprazadas. Esta decisión foi tomada en unanimidade por unha comisión Técnica da Federación Galega de Natación, ante a imposibilidade de garantir o correcto desenvolvemento de ditas competicións.

Polo tanto o Campionato Galego Junior e Absoluto, e a 2ª Xornada de Liga Benxamín, son aprazadas ata unha nova convocatoria.

 
Este Sábado
Friday, 11 December 2009

Mañán sábado 12 de Decembro, o noso Equipo Alevín trasládase a Narón para nadar a 2ª Xornada de Liga, neste caso de carácter zonal.

As probas que se nadarán son: 100 Costas, 200 Libres, 200 Braza e Remudas de 4x50 Bolboreta.

¡¡Sorte para os nosos nadadores e nadadoras!!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 26 - 30 de 194
Buscar
Encontro


Travesía Arteixo

imaxe
Colaboradores

imaxe
Ligazóns

imaxe
imaxe
Contacta

Avda. Arsenio Iglesias s.n.
(piscina municipal)
CP. 15142
Arteixo - A Coruña

Descontos

Descontos para os nadadores/as en entidades colaboradoras.
Auga
imaxe
Enquisa
¿Que che parece a nova Web?
 

 

www.natacionarteixo.com