Ir Inicio
Ir Inicio
Leyma
 
Este sábado
Friday, 06 November 2009

Mañán sábado 7 de Novembro empezamos a competir. Os nosos equipos nadan a súa primeira xornada de Liga.

Os Benxamíns  e os Alevíns nadan en Riazor, saen ás 15:45 da Piscina Municipal de Arteixo. Os Benxamíns concéntranse en probas de Crol (200, 50 e remudas mixtas). Os Alevíns terán 100 Libre, 100 Estilos, 100 Braza e remudas de 4x50 Costas.

O equipo Absoluto, viaxa a Riveira, a competir por primeira vez en 1ª División, saen ás 14:00 da Piscina Municipal de Arteixo. O calendario de probas é: 1500 Libre, 200 libre, 100 Estilos, 50 Braza, 200 Bolboreta, 100 Libre, 100 Costas e 50 libre como probas individuais, e remudas de 4x50 Estilos, 4x200 Libre, e 4x100 libre.

¡¡Lles desexamos o millor para todos estos deportistas que compiten este sábado!!

 
Xunta Xeral do Clube
Sunday, 01 November 2009

O vindeiro Venres día 6 de Novembro, celébrase a Xunta Xeral do Club Leyma Natación Arteixo. Esperamos contar coa presencia de tódolos socios e socias colaboradores. Esta reunión terá lugar ás 20:00 nos locais do Campo de fútbol.

Asi mesmo informamos de que se vai a facer un pedido de material deportivo, se algún nadador/a necesita algo (chandal, polo, bermuda ou sudadera) que se poña en contacto con nós nas oficinas do Clube antes do Luns 9 de Novembro.

 
Competicións
Friday, 30 October 2009
A fin de semán que ven, o sábado 7 de Novembro estréanse case todos os nadadores do Clube. Empeza a fase preliminar da Copa Galega de Clubes, competimos en Riveira. Por outra banda os pequenos tamén inauguran as súas ligas, nadando xuntos Benxamíns e Alevíns en riazor (A Coruña) en xornada de carácter local.
 
Calendario e Mínimas
Tuesday, 20 October 2009

O día 16 de Outubro celebrouse a Asamblea da Federación Galega de Natación. Nesta asamblea aprobáronse tódalas normativas de natación para esta tempada 2009- 2010. Xa tedes na piscina (tablón do clube) o calendario e as mínimas dos Campionatos Galegos á vosa disposición, ademáis pinchando abaixo podedes consultalos.

Calendario 2009/2010

Mínimas 2009/2010

 
Horarios
Tuesday, 08 September 2009

 Onte comenzamos a tempada 2009/2010. Para os que non asistíchedes poñemos tódolos horarios á vosa disposición. Recordade que durante este mes de Setembro temos un horario e outro diferente a partir do 1 de Outubro.

Horarios de Setembro

Horarios de Inverno

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 36 - 40 de 194
Buscar
Encontro


Travesía Arteixo

imaxe
Colaboradores

imaxe
Ligazóns

imaxe
imaxe
Contacta

Avda. Arsenio Iglesias s.n.
(piscina municipal)
CP. 15142
Arteixo - A Coruña

Descontos

Descontos para os nadadores/as en entidades colaboradoras.
Auga
imaxe
Enquisa
¿Que che parece a nova Web?
 

 

www.natacionarteixo.com