Ir Inicio
Ir Inicio
Leyma
 
III Travesía Concello de Arteixo. Xullo 2009. Resultados.
Saturday, 18 July 2009

Quedan a disposición de tod@s os resultados da III Travesía Concello de Arteixo para acceder preme aquí ou no cartel do evento.

 
Romina no Campionato de España
Friday, 17 July 2009

Image

 

 

Hoxe Romina defendeu ó seu clube en Ourense, no Campionato de España Junior. Alí nadou a proba de 50 Libres, acadando un tempo de 29.37, quedando 3ª da súa serie e ascendendo 6 postos respecto ás listas de saída.

¡¡Noraboa Romina, por este logro e polo conxunto de resultados desta tempada!!

 
III Travesía Concello de Arteixo
Thursday, 16 July 2009

Este sábado ás 12 da mañá, celebramos a nosa III Travesía, 2ª en memoria de Marina Álvarez. Xa contamos con 90 inscritos, entre os que se atopa o nadador internacional, Iván Brión. Sen dúbida será a figura do evento, xa que é o actual Campión de España de Longa Distancia e o plusmarquista galego de 1500 libres.

Alí vos esperamos, seguro que se o tempo e o estado do mar nos acompaña, poderemos disfrutar dunha emocionante proba, que por certo inaugura a tempada do Circuíto Galego de Augas Abertas.

 
Campionato de España Junior
Wednesday, 15 July 2009

Hoxe empezou o Campionato de España Junior en piscina de 50 m. Nesta ocasión se celebra en terras galegas, na piscina de Rosario Dueñas, en Ourense. A este campionato asiste Romina Cerviño, a primeira nadadora do Club Leyma Natación Arteixo en conseguir unha mínima Junior, e que competirá na proba de 50 Libres. Leva un tempo de saída de 29.0 conseguido no Campionato Galego en piscina de 50 m, e lle desexamos dende aquí que a mellore e que disfrute desta gran ocasión.

Información do Campionato

 
Último día do Campionato de España
Thursday, 09 July 2009

Onte Fran participou na remuda de 4x100 Libre defendendo á selección galega, fixo unha boa marca, 1.05.0, acadando o 13º posto. Hoxe nadou a súa última proba individual, 100 costas con un tempo de 1.15.0 e repetindo a mesma marca na sesión de tarde na remuda de 4x100 Estilos, colofón do campionato.

Na clasificación final, Galicia quedou clasificada en 5º posto en feminino e 6º en masculino.

¡¡Noraboa Fran por esta gran tempada e polo teu primeiro Campionato de España!!

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 46 - 50 de 194
Buscar
Encontro


Travesía Arteixo

imaxe
Colaboradores

imaxe
Ligazóns

imaxe
imaxe
Contacta

Avda. Arsenio Iglesias s.n.
(piscina municipal)
CP. 15142
Arteixo - A Coruña

Descontos

Descontos para os nadadores/as en entidades colaboradoras.
Auga
imaxe
Enquisa
¿Que che parece a nova Web?
 

 

www.natacionarteixo.com