|
Wednesday, 03 March 2010 |
|
A folga indefinida de traballadores de instalacións deportivas continúa, polo tanto a nosa situación de adestramentos tamén. O noso clube lamenta moito estar vivindo ésto, e sobre todo agradece a colaboración e a paciencia que están a ter tanto os pais e nais "choferes", como os deportistas, que non baixan a guardia e seguen adestrando pese ás dificultades. |
|
|
Suspensión de Competicións |
|
Friday, 26 February 2010 |
|
A Federación Galega de Natación suspende tódalas actividades deportivas desta fin de semán debido ás condicións metereolóxicas previstas. Esto significa que non se celebra a xornada alevín que estaba prevista en Carballo, así como o curso de cronos en A Coruña. |
|
|
Thursday, 18 February 2010 |
|
Este sábado os nosos Benxamíns trasládanse a Riveira para nadar a súa 3ª Xornada de Liga, saimos ás 14:15 da Piscina de Arteixo. O estilo no que se competirá nesta ocasión é a braza, incluidas as remudas de 6x25 mixtas. Convocatoria Ademáis, tamén este sábado pero en sesión de mañán asistimos a Carballo a unha toma de tempos. Saimos da Piscina ás 9:45. Convocatoria |
|
|
Resultados e Clasificacións |
|
Tuesday, 16 February 2010 |
|
Xa temos no contido de Resultados os da 2ª xornada de Liga Infantil celebrada o pasado sábado en Santiago. Tamén temos a clasificación definitiva da Fase Preliminar da Copa Galega de Clubes. |
|
|
Wednesday, 10 February 2010 |
|
Esta fin de semana celébrase a 2ª xornada de Liga Infantil, de carácter zonal. En principio estaba planificada para a piscina de Narón, pero unha vez máis pola folga, cámbiase a sede e a competición será no mesmo horario pero en Santiago, piscina de Santa Isabel. As probas que se nadarán son: 200 estilos, 50 libres, 200 bolboreta, 200 costas e remudas de 4x100 libres. Convocatoria |
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>
|
| Resultados 6 - 10 de 194 |